O 18 de xuño, o alumnado de francés do IES Muralla Romana e o alumnado francés da escola Notre Dame d'Elbeuf de Normandía (Francia), quedou para facer un tramo do camiño francés, partindo de Sarria.
Malia as condicións meteorolóxicas, os rapaces percorreron a parte máis bonita do camiño con bo ritmo e moi bo ánimo. Finalmente, chegaron a Portomarín onde visitaron a vila e recuperaron forzas. Os rapaces franceses quedaron abraiados pola paisaxe e historia da vila, xa que lembra o que pasou na Bretaña francesa (na cidade de Guerlédan). Retomaremos o camiño para o vindeiro curso.