O alumnado de francés de 3°- 4º ESO e 1°de BACH foi á Coruña descubrir o edificio da Alliance française & o Muncyt. No centro de lingua e cultura francesa, asistiron a unha presentación moi interesante sobre os exames oficiais do DELF & DALF xogando en francés para practicar a expresión oral.
Máis tarde, no Muncyt, ademais de subir nun avión, de ver a exposición do labirinto adicada ao cerebro e á parte de invencións, fixeron unha xincana sobre ciencia cun apartado especial en francés sobre as invencións francófonas. A experiencia resultou moi positiva, volcáronse na participación e completaron as actividades como bos detectives científicos.