Marcos Montaña, Aarón Yáñez e Adrián Valdés foron os integrantes do equipo Final Short Celtas do IES Muralla Romana, que acaban de conseguir o primeiro posto na fase rexional do torneo ProgramaMe, campionato a nivel nacional, tras resolver todos os algoritmos en 45 minutos menos do tempo dispoñible. A principios de xuño mediranse cos 20 mellores equipos de toda España.
Foron seis equipos de tres integrantes cada un, coordinados polo profesor Alberto Barreira (catro de DAM e dous de DAM dual). Destacar tamén que o equipo de 1º DAM ordinario formado por Brais López, Arturo López e Guillermo García, logrou un meritorio posto, para o que o traballo en equipo foi decisivo.
Parabéns moi merecidos a todos!!