A campaña da mocidade #aquítaménsefala enche os barrios do norte da cidade.
#aquítaménsefala é unha campaña de dinamización lingüística para a mocidade galega mediante a cal o alumnado de Secundaria e Bacharelato inflúe positivamente na promoción do galego en ámbitos como o comercio, o mundo empresarial, a administración e outras actividades económicas. O obxectivo é darlle visibilidade e uso á nosa lingua en todos os eidos, axudando á súa normalización. Velaquí os alumnos do IES Muralla Romana e IES Ánxel Fole colaborando na campaña.