O Muralla Romana converteuse nun lugar especialmente arrepiante estes días: arañas, esqueletes, bruxas, sartegos, contos de medo, música horripilante… encheron a biblioteca e os corredores. Todo grazas ao alumnado da ESO, que non se espanta con nada e ten unha enorme creatividade. Especial mención merecen os gañadores dos concursos de contos de terror e de “scary box”: Daniel Iglesias e Aitana Ron. Grazas a todos/as!
Se premes nas imaxes veralas mellor!!