Os irmáns Erik e Sergi Quintela, representan o soño de calquera rapaz ou rapaza lucense afeccionado ó baloncesto: chegar a xogar co C.B. Breogán na máxima categoría do baloncesto español.
Na charla contáronlles aos alumnos tódolos sacrificios que tiveron que facer ata transformar o seu soño en realidade. Detrás de todos eses éxitos, hai unha palabra coa que se identifican ao cen por cen, TRABALLO.