O pasado venres 21 de outubro as alumnas do CS Asesoría en Imaxe Persoal e Corporativa asistiron a unha charla impartida por Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial, quen explicou as características da vestimenta no Imperio Romano.