Skip to Content

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COSMÉTICOS ECOLÓXICOS

O departamento de Imaxe Persoal contou coa colaboración de Carmela e Chusa (Milhulloa) para achegar o alumnado (1ºESINBE, 1ºESBE, 1ºASIMPE) á elaboración de cosméticos elaborados con principios activos de orixe vexetal e ecolóxico. 

Na actividade da mañá, o alumnado elaborou cremas para o contorno dos ollos con manteiga de karité e oleato de romeu; xabón con base de glicerina, ao que se lle engadiron diferentes estractos coma cúrcuma, café, milenrama... e pinta labios de arxila verde. 

Na sesión de tarde elabararon máscaras faciais de arxila, lavanda... e cremas hidratantes a base de extractos e xampús de ortiga e romeu. 



page | by Dr. Radut