Dentro do Programa socioeducativo da prevención na violencia de xénero, que oferta o Concello de Lugo, o alumnado de 2ºESO, 3º ESO e 4º ESO asistirá a uns obradoiros que os achegarán a este tema seguindo unha metodoloxía de traballo baseada na reflexión e na participación activa dos/das asistentes.
RELATORA: Natalia Quiroga, técnica do Concello de Lugo.
HORARIO: os obradoiros realizaranse nas horas de titoría de cada curso, o primeiro realizarase o día 11 de xaneiro e estará dirixido ao alumnado de 3ºESOA.
TEMPORALIZACIÓN: tres sesións por grupo ao longo dos meses de xaneiro, febreiro e marzo. (Máis información na sección "EVENTOS" desta páxina.)
LUGAR: aula de referencia do grupo.
Esta actividade seguirá estritamente a normativa sanitaria actual, respectando a capacidade do espazo e todas as medidas de seguridade e hixiene.