Na 9ª Edición D3Mobile Metrology World League un equipo do IES Muralla Romana de Lugo álzase co premio EQUIPO CAMPIÓN DO MUNDO - METRÓLOGOS. O modelo gañador representa un globo terráqueo escaneado en 3D, cuxa autoría corresponde ao equipo NIIDEA3D formado por: Adrián López Montouto, Nahir Armesto Pallares e Juan Carlos Amedo López; alumnado de 4ºESO e coordinados pola profesora de TIC.
Para acadar este premio, ademais de presentar o globo, enfrontáronse a unha proba para extraer coordenadas e realizar medicións sobre un obxecto 3D, onde tentaron conseguir a máis alta precisión... e deberon conseguilo.
PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!