Para dar a coñecer a actividade que organizan as Concellerías de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, EnRedando co galego, asistiremos a unha presentación informativa e lúdica sobre esta, en colaboración coa AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega).
Actuación de narración e musical para presentar e impulsar este proxecto a cargo de:
LOIS PÉREZ E ALDAOLADO (Lucía Aldao e María Lado).
DÍA: 14 DE ABRIL
HORARIO: 12.30H- 13-20H
DESTINATARIOS: 1ºESOA, 3ºESOA
LUGAR: salón de actos
(Actividade que se realizará seguindo o protocolo establecido pola Covid-19.)
Aquí vos deixamos cunha mostra fotográfica desta presentación que animou, aínda máis, os/as asistentes a seguir escribindo e creando en lingua galega. Grazas por facernos vivir unha nova aventura!
Se queredes ver fotos da presentación da actividade, só tedes que premer nesta.
Agora só queda seguir gozando das e coas nosas creacións.