Gran éxito do IES Muralla Romana no VII Concurso Europeo de Marcapáxinas. Un excelente traballo o do noso alumnado de TIC (4ºESO) e de 1º SIMIRE, recompensado en forma de premios que conseguiron:
- Andrea Durán Abelleira (3º premio)
- Martín Sanjurjo Campello e Kevin Calvin Pérez (Accésit)
- Juan Seijas Migueiz (Accésit)
Ao concurso presentáronse a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2017 – Carlos Casares. Participaron animados polo profesor Ero Sante Gueimonde, interesado en promover a colaboración escolar con outros centros europeos, utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación.
Desde aquí desexámoslles os nosos parabéns tanto aos premiados como ao seu profesor; animándovos a todos e todas a seguir participando nestes proxectos.
Nas seguintes imaxes podedes ver os marcapáxinas premiados do noso instituto no concurso deste ano.