ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita a INDITEX. | ||
Día: 11 de maio Hora: 08:50-14:20 Para: 1º ADMFIN A Lugar: A Coruña Organiza: Dpto. Administración |
Os alumnos e as alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitarán as instalacións que a firma textil Inditex ten na cidade coruñesa de Arteixo.
INDITEX S.A. (Industrias de Deseño Textil Sociedade Anónima) é un grupo español de fabricación e distribución textil, con máis de 5.000 tendas distribuídas en 82 países. Formado por marcas tan coñecidas coma Zara (a marca principal) , Pull and Bear, Massimo Dutti, Kiddy's Class, Bershka, Stradivarius, Zara Home, Oysho y Uterqüe.
Nesta visita o alumnado terá a oportunidade de observar todo o proceso loxístico, desde o deseño e o patronaxe das prendas, á colocación das mesmas en tendas simuladas e dos seus escaparates, a recepción e distribución dos pedidos polas tendas de todo o mundo...
Artículo relacionado "El interior de Zara: un viaje a la sede central de Inditex en Arteixo"