15/02/2017 13:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla divulgativa CD LUGO | ||
Data: 15 de febreiro Hora: 13:30 Lugar: Ximnasio Para: 4ºESO-B, (...) |
Desde a Concellería de Deportes e en colaboración co C.D. Lugo ofertaron a centros educativos unhas charlas divulgativas, para achegar aos estudantes ao C.D. Lugo.
Nesta sesión dous xogadores do C.D.Lugo compartirán experiencias cos rapaces e coas rapazas, aportando as súas vivencias dende que eran escolares coma eles, ata o momento de chegaren a ser xogadores profesionais, facendo fincapé no traballo, no esforzo e no sacrificio que deberon de realizar para acadar os seus obxectivos.
Os xogadores repartirán entre o alumnado entradas que lles darán acceso aos partidos que disputa o C.D. Lugo na casa para que poidan acudir ao campo do Ángel Carro.