Skip to Content

Taller de Fibra Óptica

13/02/2017 12:40
14/02/2017 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: TALLER DE FIBRA ÓPTICA
 Fotografía de Hustvedt - Template:One, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=4199186Día:        13 e 14 de febreiro
Lugar:     Aula 209 e taller de Informática
Para:       1º ADSIINRE
Organiza: Dpto. Informática e comunicacións

Taller adaptado ao alumnado do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos, co módulo Planificación e Administración de Redes. Obradoiro para o que se necesitan coñecementos previos básicos en redes e está orientado á parte práctica.

Estructurado en dúas partes:

PARTE TEÓRICO/PRÁCTICA

Luns, 13 de febreiro (De 12:40 ás 14:20h para ordinario, e de 18:00 ás 19:40 h para adultos) 

Avanzarase nos contidos ao mesmo tempo que se poñerá a disposición do alumnado todo material de que se trate no momento, amosando diferentes tipos de fibra óptica, conectores, cortadoras, fusionadoras, etc...

- Introdución á Fibra Óptica 

  • Principio de funcionamento
  • Fibra mono modo e fibra multi modo
  • Tipos de fibras
  • Ventanas de transmisión
  • Vantaxes e inconvenientes de utilizar un modo ou outro


- Conectorización e unión de Fibras Ópticas

  • Conectores
    • Tipos
    • Partes dun conector
    • Tipos de pulido
  • Kit de conectorización
  • Kit de empalme mecánico
  • Fusionadoras


- Inspección e comprobación 

  • Fonte Láser
  • Medidos de potencia óptica
  • Sonda de inspección
  • Reflectometría óptica (OTDR)

LABORATORIO (Realizarase en quendas, o luns de 16:20 ás 18:50h para parte de ordinario, e de 19:40 ás 23:00 h para adultos; e o martes de 11:50 ás 14:20h para o resto dos de ordinario) 

Procederase a realizar un laboratorio onde se porá en práctica todo o explicado con anterioridade. Faranse dous grupos, mentres o primeiro fai labores de inspección e análise de varias fibras, os integrantes do outro farán prácticas de unión por fusión, unha vez rematadas as actuacións de cada grupo procesarase o intercambio de tarefas.

- Procurarase que cada alumno realice alomenos unha fusión que incluirá pelado de dúas fibras, cortado coa cortadora e unión por fusión. 

- Faranse inspeccións grupais de fibras ópticas, para valorar os datos obtidos.

Empresa que impartirá o taller: IteGal servicios TIC SL

 



event | by Dr. Radut