ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: TALLER DE FIBRA ÓPTICA | ||
Día: 13 e 14 de febreiro Lugar: Aula 209 e taller de Informática Para: 1º ADSIINRE Organiza: Dpto. Informática e comunicacións |
Taller adaptado ao alumnado do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos, co módulo Planificación e Administración de Redes. Obradoiro para o que se necesitan coñecementos previos básicos en redes e está orientado á parte práctica.
Estructurado en dúas partes:
PARTE TEÓRICO/PRÁCTICA
Luns, 13 de febreiro (De 12:40 ás 14:20h para ordinario, e de 18:00 ás 19:40 h para adultos)
Avanzarase nos contidos ao mesmo tempo que se poñerá a disposición do alumnado todo material de que se trate no momento, amosando diferentes tipos de fibra óptica, conectores, cortadoras, fusionadoras, etc...
- Introdución á Fibra Óptica
- Principio de funcionamento
- Fibra mono modo e fibra multi modo
- Tipos de fibras
- Ventanas de transmisión
- Vantaxes e inconvenientes de utilizar un modo ou outro
- Conectorización e unión de Fibras Ópticas
- Conectores
- Tipos
- Partes dun conector
- Tipos de pulido
- Kit de conectorización
- Kit de empalme mecánico
- Fusionadoras
- Inspección e comprobación
- Fonte Láser
- Medidos de potencia óptica
- Sonda de inspección
- Reflectometría óptica (OTDR)
LABORATORIO (Realizarase en quendas, o luns de 16:20 ás 18:50h para parte de ordinario, e de 19:40 ás 23:00 h para adultos; e o martes de 11:50 ás 14:20h para o resto dos de ordinario)
Procederase a realizar un laboratorio onde se porá en práctica todo o explicado con anterioridade. Faranse dous grupos, mentres o primeiro fai labores de inspección e análise de varias fibras, os integrantes do outro farán prácticas de unión por fusión, unha vez rematadas as actuacións de cada grupo procesarase o intercambio de tarefas.
- Procurarase que cada alumno realice alomenos unha fusión que incluirá pelado de dúas fibras, cortado coa cortadora e unión por fusión.
- Faranse inspeccións grupais de fibras ópticas, para valorar os datos obtidos.
Empresa que impartirá o taller: IteGal servicios TIC SL