ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. 2017 | |||
Día: | 2 de febreiro |
Desde o departamento de Cultura do Concello de Lugo ofrécennos esta actividade, na que dous integrantes do grupo lucense LUCECÚS TEATRO virán ao noso instituto, para facer esta intervención teatral a modo introdutorio da XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo.
LUCECÚS TEATRO
- Dirección: Rubén Pérez Pombo
- Intérpretes: Isa Herrero, Anxo Manoel
A MOSTRA: UN CLÁSICO ENTRE OS CLÁSICOS
Un xeito divertido de achegarse ao que nos ofrecerá a XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo. Déixate sorprender polos clásicos!
Laurencia é unha profesora de literatura agrisada que se toma moi en serio o seu traballo. Venancio é un actor tropical desexando xubilarse para viaxar polo mundo enteiro. Os dous tentarán conxuntamente explicar en qué consiste o teatro clásico e as súas cores. Unha lección curiosa e divertida que pretende facer un percorrido polas pezas teatrais programadas na Mostra de Teatro Clásico da nosa cidade adaptado para todos os públicos.
Duración: 30 minutos
Moitas grazas a @LucecusTeatro , queríades sorprender cos clásicos a @iesmuralla e de verdade, conseguístelo. Parabéns polo voso traballo. pic.twitter.com/ZbPB4Pz3kX
— IES Muralla Romana (@iesmuralla) 2 de febrero de 2017