19/12/2016 08:50
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Sesión de cine - SICIXIA | ||
Día: 19 de decembro Organiza: Dpto. L. Galega e EDNL Hora: 08:50-11:50 Lugar: Cine de AS TERMAS Para: 4º ESO, 1º BAC |
Alumnos/as de 4º de ESO e os/as de Bacharelato asistirán á proxección da película "SICIXIA", nos cines das Termas.
Sinopse: Xiao (Monti Castiñeiras) é un enxeñeiro de son que percorre Galicia co fin de captar a esencia da súa terra e a súa xente. Así coñece a Olalla (Marta Lado), que traballa na colleita de algas da Costa da Morte. Ambientada en Galicia e as súas impresionantes paisaxes, a película mergulla ao espectador nunha especie de soño magnético no que os protagonistas son heroes anónimos, o mar é un lugar de combate e Bach abre cos seus violíns o camiño cara a unha complexa historia de amor.