Actos do 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Colaboran na organización: Alumnado do C.S. de Asistencia á dirección, do módulo Organización de eventos empresariais
- Charla : “Diferenzas comunicativas e malentendidos entre mulleres e homes”
Relator: Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (experto sociolingüista, profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo)
Data e hora: o venres 25 de novembro ás 10h no salón de actos do instituto
Destinatarios: Bacharelato, CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á dirección
Do que vai tratar:
a) as diferenzas que existen entre homes e mulleres nos seus estilos comunicativos;
b) as diferenzas tanto xestuais como proxémicas, e tanto paralingüísticas como léxicas, pragmáticas e conversacionais (sen empregar moitos tecnicismos);
c) incidirá naquelas diferenzas comunicativas que con maior frecuencia provocan malentendidos (que son á súa vez causa de conflitos de parella ou de colegas, conflitos ás veces moi graves);
d) constantemente irá poñendo exemplos concretos extraídos da vida cotiá, moi recoñecibles por todos aqueles que teñan algo de experiencia de parella ou de trato con amigos/-as do outro sexo;
e) estes exemplos levarán a cada quen a reflexionar sobre o seu propio caso, e a que os asistentes fagan preguntas e a expandir a charla sobre isto ou aqueloutro aspecto.
- Exposición-Mural de traballos de alumnado da ESO Colaboran distintos departamentos didácticos
- Participación na Campaña do Concello de Lugo: 25N, en negro contra a violencia
12:30h: 3ºESO-B, 1ºBach e ASIDIR acudirán á Muralla para a solta de globos e ao acto de vestir de negro a Muralla.