Skip to Content

Actos do 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

25/11/2016 00:00

Actos do 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Colaboran na organización: Alumnado do C.S. de Asistencia á dirección, do módulo Organización de eventos empresariais

  • Charla : “Diferenzas comunicativas e malentendidos entre mulleres e homes”

Relator: Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (experto sociolingüista, profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo)

Data e hora: o venres 25 de novembro ás 10h no salón de actos do instituto

Destinatarios: Bacharelato, CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á dirección

Do que vai tratar:

a) as diferenzas que existen entre homes e mulleres nos seus estilos comunicativos;
b) as diferenzas tanto xestuais como proxémicas, e tanto paralingüísticas como léxicas, pragmáticas e conversacionais (sen empregar moitos tecnicismos);
c) incidirá naquelas diferenzas comunicativas que con maior frecuencia provocan malentendidos (que son á súa vez causa de conflitos de parella ou de colegas, conflitos ás veces moi graves);
d) constantemente irá poñendo exemplos concretos extraídos da vida cotiá, moi recoñecibles por todos aqueles que teñan algo de experiencia de parella ou de trato con amigos/-as do outro sexo;
e) estes exemplos levarán a cada quen a reflexionar sobre o seu propio caso, e a que os asistentes fagan preguntas e a expandir a charla sobre isto ou aqueloutro aspecto.

  • Exposición-Mural de traballos de alumnado da ESO Colaboran distintos departamentos didácticos

  • Participación na Campaña do Concello de Lugo: 25N, en negro contra a violencia
Solicítase a todos os membros da comunidade escolar que vistan de negro ese día, en sinal de loito polas vítimas da violencia de xénero

12:30h: 3ºESO-B, 1ºBach e ASIDIR acudirán á Muralla para a solta de globos e ao acto de vestir de negro a Muralla.

25N En negro contra a violencia



event | by Dr. Radut