Skip to Content

Permisos de persoal docente: Información e impresos

Normativa que regula o réxime de permisos do persoal docente

Todos os permisos nos que o órgano competente para resolver é a dirección do centro requiren solicitude previa, agás os tramitados como Imprevistos.

Aquelas ausencias que non conten con solicitude e resolución favorable previa deberán xustificarse, de ser o caso, a través do Artigo 33. Imprevistos.

No caso do profesorado substituto e interino a duración dos permisos por Imprevistos e Asuntos persoais será proporcional ao tempo traballado.

Tramitación de permisos que precisan solicitude previa (*):

Presentarase previamente en dirección o Anexo V-a, acompañado da xustificación documental que proceda. 

Tramitación de permisos Artigo 33. Imprevistos:

Cubrirase o Anexo V-b e entregarase en xefatura de estudos.

Para a tramitación das solicitudes poderán utilizarse os medios telemáticos  que se establezan e os formularios que figuran na web do centro.


Información dos casos que requiren solicitude previa (Anexo V-a):


Artigo 3. Permiso por falecemento, accidente ou enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica dun familiar (* Por razóns de urxencia, admítese comunicación verbal).

Artigo 4. Permisos por traslado de domicilio

Artigo 6. Permiso para concorrer a exames finais, probas definitivas de aptitude e probas selectivas no ámbito do emprego público

Artigo 9. Permiso para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto

Artigo 10. Permiso para a realización de tratamentos de fecundación asistida

Artigo 12. Permiso por matrimonio de familiares de ata segundo grao de consanguinidade e primeiro de afinidade

Artigo 14. Permisos para o cumprimento de deberes inescusables de carácter público ou persoal, de deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral e mais de asistencia a consultas e revisións médicas

Artigo 15. Permiso por asuntos particulares

Instrucións e impresos:

(*) Arquivo co procedemento e documentación establecida para cada un dos permisos previstos.

Impreso para solicitude previa de Permisos (Anexo V-a)

Impreso para Ausencias Imprevistas (Anexo V-b)

 



page | by Dr. Radut