ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro "La Dama Boba" | ||
Día: 21 de xaneiro |
O alumnado de 4ºESO e de Bacharelato asistirá á adaptación da obra La Dama Boba, do dramaturgo Lope de Vega. É unha obra teatral do Siglo de Oro español. Foi terminada de escribir, segundo consta no manuscrito de Lope, o 28 de abril de 1613.
Ambientada na España do século XVI onde dúas irmás, Finea e Nise, son vítimas do machismo imperante no reino. Por iso unha decide escribir para expresar o seu odio e a outra se fai a parva... Un amor en común faralles enfrontarse entre elas...
Tema central da obra: a idea neoplatónica sobre a capacidade do amor para abrir o entendemento.
Mediante este espectáculo o alumnado terá a oportunidade de poder apreciar e descobrir esta xoia do noso patrimonio literario.
Máis información:
Web de recursosweb.com FAI TEATRING! |