30/11/2015 10:40
O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado do Departamento de Ciencias Naturais.
Descrición da actividade:
Visita guiada para centros educativos á exposición itinerante "O Bosque. Moito máis que madeira", situada na Praza Maior e organizada pola Obra Social "a Caixa" en colaboración co Concello de Lugo.Esta exposición do programa de Medio Ambiente e Ciencia da Obra Social "a Caixa" presenta os bosques como os ecosistemas terrestres con máis biodiversidade do mundo. O obxectivo principal desta mostra é insistir especialmente na gran importancia dos bosques a todos os niveis, e na necesidade de xestionalos dunha forma sustentable.