23/11/2015 11:50
23/11/2015 14:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Visita guiada EXPOSICIÓN "A CIENCIA E A TECNOLOXÍA DA LUZ" | |
Día: 23 de novembro |
O alumnado de Física e Química de 4ºESO e 1ºBAC desprazarase camiñando acompañados de profesorado.
Descrición da actividade:
Igaciencia vén de producir e organizar esta exposición orientada aos centros educativos con motivo do ano Internacional da Luz e do día da Ciencia en Galego 2015, dedicado á Luz e ao Solo.Terán a oportunidade de visitar a única exposición en Galicia do Ano Internacional da Luz. Pero non só a única, senón a mellor e máis moderna exposición interactiva sobre a Luz que nunca veran en calquera lugar: que abrangue tecnoloxía e luz con Arduino, Robótica e Luz, portas láser, fotografía, programas interactivos explicativos das propiedades da luz, e centos de aparellos, versións educativas e lúdicas das serias versións académicas.