12/11/2015 09:30
12/11/2015 09:30
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Asistencia ao teatro | |
Día: 12 de novembro |
O alumnado desprazarase camiñando acompañados de profesorado.
Descrición da actividade:
O grupo de traballo "Lugo, Cidade polo Comercio Xusto", do que forman parte as asociacións A Cova da Terra, Asemblea de Cooperación Pola Paz, Bico de Grao e Manos Unidas e Fundación Taller de Solidariedad, convídanos ao espectáculo ¡VAYA TELA! que representará en Lugo a compañía catalá Xucrut Teatre.O espectáculo nace por mor dun encargo da Compañía Roupa Limpa, na primavera de 2010, para crear unha peza de teatro que falase do consumo de roupa e puidese chegar a un público amplo.
Xucrut Teatro penetrouse nun proceso de creación co espírito de abordar o tema do consumo de roupa con humor e crear, así, un clima propicio para abrir debate co público ao finalizar a función. A peza teatral ten unha duración de 40 minutos en clave de comedia, cun ritmo rápido e fluído. Despois dáse paso a un foro que pode ter unha duración de 40 a 60 minutos.