ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: "SI CONTROLAS, VUELVES" | ||
Día: 15 de maio |
AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular espinal) está especialmente sensibilizada coa prevención da lesión medular e cerebral en nenos e novos.
Esta campaña ten como obxectivo transmitir aos mozos de máis de 16 anos, que o consumo de alcol e outras drogas é totalmente incompatible coa condución de calquera tipo de vehículo.
Así monitores de AESLEME, en cadeira de rodas como consecuencia dun accidente, imparten unha sesión formativa de noventa minutos, sobre o efecto do consumo de alcol, drogas e demais sustancias aditivas en relación á condución de vehículos.