ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: "TE PUEDE PASAR A TI" | ||
Día: 8 de maio |
AESLEME (Asociación para o estudo da lesión medular espinal) está especialmente sensibilizada coa prevención da lesión medular e cerebral en nenos e novos. Mediante esta campaña de prevención de accidentes "Te puede pasar a ti" trata de que os mozos realicen hábitos de conduta seguros e responsables.
A conferencia levarase a cabo por un equipo de profesionais formado por un médico ou D.U.E. e unha persoa con lesión medular por accidente, e durará, aproximadamente, 2 horas. Constará dunha presentación amena e atractiva, con vídeos ilustrativos, e adecuada ás idades dos asistentes.