04/03/2015 10:30
04/03/2015 11:20
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Aforro e eficiencia enerxética no día a día | ||
Día: 4 de marzo |
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez (profesor na Escola Politécnica da USC).
A charla trata de dar unha pincelada das distintas actividades que teñen lugar no noso día a día na casa, no centro de traballo ou de estudo, etc. e de como podemos facer estas actividades máis eficientes desde o punto de vista enerxético, tanto no consumo eléctrico como de outros combustibles e fontes de enerxía.