ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Prevención de condutas violentas - "Bullying" | ||
Días: 14, 21 de xaneiro |
Desde fai xa algúns anos Cruz Vermella Xuventude leva desenvolvendo un Programa de Prevención de Condutas Violentas nos institutos.
A metodoloxía que utiliza é activa e participativa, reforzando os estímulos e a motivación individual e grupal, integrando a experiencia práctica como punto de partida para a reflexión. Os métodos e técnicas adáptanos a cada situación fomentando a cohesión grupal, o traballo cooperativo, o diálogo e o respecto aos diferentes puntos de vista.
Cruz Vermella conta ademais cun portal específico, PRE20 sobre non violencia. Debido a que en moitos casos a violencia preséntase como unha forma de resolver conflitos; faise necesario reflexionar sobre ela e a súa consecuencia, co obxectivo de cambiar esas actitudes e comportamentos.