ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: XOGAR CO ESPAZO | ||
Día: 18 de decembro Hora: 08:50-11:20 (A) 11:50-14:20 (B) Lugar: Aula- S.A./patio Para: 1º ESO |
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) leva a cabo este Proxecto de Desenvolvemento Creativo do que beneficiarase o alumnado de 1º da ESO do noso instituto. Trátase dunha convocatoria extraordinaria, vencellada ao 25 aniversario da Mostra internacional Gas Natural Fenosa.
O taller que nos ofrecen é "Xogar co espazo", unha proposta do artista e fotógrafo Rubén Panete, un artista que traballa con tecnoloxías móbiles, xeoposicionamento e percepción espacial.
Os rapaces poden levar:
- teléfono móbil con batería cargada, 200 MB de espazo en memoria libre e uso de datos, con cámara; aplicación "My Tracks" instalada no terminal.
- Cámara fotográfica dixital con batería cargada e espazo libre na memoria.