ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Videoconferencia A máquina que constrúe a mente e a realidade | ||
Día: 04 de novembro |
A Coordinadora Galega de ENDL convídanos a participar nesta videoconferencia, con motivo da celebración do VI Día da Ciencia en Galego.
Relator: Xurxo Mariño Alfonso.
Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso "eu", as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o "eu" cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?.