ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ASISTENCIA ÁS XORNADAS SOBRE SEGURIDADE INFORMÁTICA 2015 | ||
Día: 20 de novembro Hora: 08:00 ás 18:00 Lugar: PALEXCO - A Coruña Para: ADSIINRE, SIMIRE Encargado: Dpto. Informática |
O alumnado de informática que cursa algún módulo relacionado directamente coa seguridade informática está previsto que asista a algunhas das charlas organizadas por GSIC (http://gsickminds.net/), no Palacio de Exposicións e Congresos de A Coruña. Polo tanto correspóndelle ao alumnado de “Seguridade e alta dispoñibilidade” do ciclo ADSIINRE tanto no réxime de ordinario como no de adultos e o de “Seguridade Informática” do ciclo SIMIRE ordinario.
Pola tarde visitarán o museo Domus, é o primeiro museo interactivo do mundo adicado ao ser humano. O edificio é obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e ten máis de 200 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.