"LUCUS INTERCENTROS"
1.- INTRODUCIÓN
É este un concurso de preguntas e respostas dirixido a alumnos de primeiro curso de bacharelato. Está organizado dentro das X Xornadas de Interrelación Curricular. Estas xornadas, como o seu nome indica, teñen como finalidade interrelacionar currículos de diferentes ensinanzas e persoas de distintos centros educativos.
2.- OBXECTIVOS
2.1. Interrelacionar alumnos de primeiro curso de Bacharelato dos Institutos de Educación Secundaria da cidade de Lugo: Anxel Fole, As Mercedes, Leiras Pulpeiro, Lucus Augusti, Muralla Romana, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Sanxillao e Xoán Montes.
2.2. Poñer en práctica a parte do currículo dos alumnos do Ciclo Superior de Secretariado referida á organización de eventos e actos públicos.
2.3. Interrelacionar profesores dos IES da cidade de Lugo.
2.4. Vivir unha xornada lúdica agradable para todos os participantes.
3.- DA ORGANIZACIÓN
3.1. Organización e colaboracións
a) Organizan os alumnos do Ciclo Superior de Secretariado do IES Muralla Romana e a profesora de Proxecto Integrado.
b) Colaboran:
- Na elaboración das preguntas que se plantexan ao longo das diferentes fases do concurso, profesores dos Institutos da cidade.
- Profesores e alumnos do departamento da Familia de Informática do IES Muralla Romana, para a presentación dixital do mesmo.
- Profesores e alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (Deputación Provincial de Lugo) na publicidade, produción e realización.
- Profesores e alumnos do CIFP Politécnico de Lugo, na creación dos pulsadores.
- Profesores e alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño “Ramón Falcón”, na fotografía.
3.2. O II Concurso “Lucus Intercentros” terá lugar o día 5 de abril de 2013 no Salón de Actos do IES Muralla Romana de Lugo e poderá ser visto en directo pinchando nun banner, que a tal efecto, aparecerá na web da Fundación TIC: www.fundaciontic.org.
4.- DOS PARTICIPANTES
4.1. Poderán participar oito equipos, un por cada Instituto de Educación Secundaria público da cidade de Lugo. O nome xenérico de cada equipo virá dado polo do centro ao que pertence. Cada equipo pode elixir un nome específico. Exemplo: “Os Senlleiros” do Muralla Romana. Os institutos, comunicarán o nome específico, do equipo e o nome e apelidos dos alumnos participantes antes do día 15 de marzo de 2013 ás 12:00 usando a dirección de correo electrónico: estheraldariz@edu.xunta.es.
Cada equipo estará composto por tres membros.
4.2. Todos os equipos deberán estar no Salón de Actos do IES Muralla Romana o día 5 de abril ás 10:00 horas.
5.- DO PROCEDEMENTO
5.1. Datas e horarios
5.1.1. Día 15 de marzo de 2013.
12:00 horas: Remata o prazo para que os Institutos envíen o nome dos tres compoñentes e o nome específico do equipo (se fora o caso).
5.1.2. Día 4 de abril de 2013.
11:30 horas: Sorteo público para as eliminatorias de cuartos de final. Salón de Actos do IES Muralla Romana.
5.1.3. DÍA 5 de abril 2013.
10:00 horas.- Presentación de todos os equipos no Salón de Actos do IES Muralla Romana.
10:30 horas.- Primeira eliminatoria de cuartos de final
10:50 horas.- Segunda eliminatoria de cuartos de final
11:10 horas.- Terceira eliminatoria de cuartos de final
11:30 horas.- Cuarta eliminatoria de cuartos de final
11:50 horas.- DESCANSO
12:20 horas.- Primeira semifinal. Confrontaranse os gañadores da primeira e da terceira eliminatoria de cuartos de final.
12:40 horas.- Segunda semifinal. Confrontaranse os gañadores da segunda e cuarta eliminatoria de cuartos de final.
13:00 horas.- Terceiro e cuarto posto. Disputarán o terceiro posto os eliminados en semifinais.
13:20 horas.- Final. Disputarán o primeiro e segundo posto os gañadores de semifinais.
13:40 horas.- Entrega de premios.
5.2. Eliminatorias
O procedemento será o mesmo en todas as eliminatorias:
- Cada equipo nomeará a un portavoz que será o que pulse a resposta acordada.
- Plantéxanse 10 preguntas de cultura xeral sobre os seguintes temas: Actualidade, Bioloxía e Xeoloxía, Deportes, Física e Química, Francés, Inglés, Latín e Grego, Lingua e Literatura casteláns, Lingua e Literatura galegas, Matemáticas, Música e Xeografía e Historia.
- Unha vez formulada a pregunta, e ofrecidas as tres posibles opcións (A, B e C), os equipos contarán con 15 segundos para marcar a que consideren acertada. Se a resposta é correcta, sumaranse no marcador do equipo 10 puntos. Se non é correcta o marcador permanecerá invariable.
- En caso de empate ao final das 10 preguntas:
- Pasarase a utilizar o pulsador. Cada un dos equipos terá un pulsador.
- O primeiro en acender a luz, despois da palabra “TEMPO” dita polo presentador do concurso, será o que teña a opción de contestar a pregunta nos seguintes 15”. Se acerta, será o gañador da eliminatoria,
- Se non acerta, o outro equipo poderá responder; se a resposta é correcta, será o gañador da eliminatoria. De fallar, pasarase á seguinte pregunta na que se actuará do mesmo xeito.
6.- DOS PREMIOS
1º PREMIO.- Unha tablet BQ Readers Maxwell - Plus, para cada un dos membros do equipo que se proclame vencedor.
2º PREMIO.- Unha tablet BQ Readers Maxwell - Lite, para cada un dos membros do equipo que acade a segunda posición.
3º PREMIO.- Unha memoria USB de 32 G para cada un dos membros do equipo que acade a terceira posición.
4º PREMIO.- Unha memoria USB de 16 G para cada un dos membros do equipo que acade a cuarta posición.
ACCÉSIT.- Unha memoria USB de 8 G para cada un dos equipos participantes que non teñan acadado ningún dos premios citados con anterioridade.
Acta do sorteo - eliminatorias cuartos de final - II concurso "Lucus Intercentros".
Vídeo
Fotografías
II CONCURSO "LUCUS INTERCENTROS" CLASIFICACIÓN FINAL E PREMIOS |
|||
POSTO | EQUIPO | PREMIO | ENTREGADO POR |
1 | "SANXILLAO" do IES SAN XILLAO | TABLET BQ READERS MAXWELL - PLUS | O Sr. Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. D. José Jesús Ramos Ledo |
2 | "OS LEIRAS DE LEIRAS" do IES LEIRAS PULPEIRO | TABLET YARVIK Luna 7c | O Sr. Inspector Xefe da Consellería de Cultura, Educación e O.U. D. Jaime Santoalla Varela |
3 | "ÁNXEL FOLE" do IES ÁNXEL FOLE | MEMORIA USB DE 32 GB. | Sr. Inspector do IES Muralla Romana D. Federico Pérez Morán |
4 | "LUCUS AUGUSTI" do IES LUCUS AUGUSTI | MEMORIA USB DE 16 GB. | Sra. Directora do IES Muralla Romana Dª Mª Antonia Varela Trigo |
ACCÉSIT | "OS CAMIÑANTES" do IES DO CAMIÑO | MEMORIA USB DE 8 GB. | Sr. Xefe de Estudos do IES Muralla Romana D. Jerónimo Villamarín Camiño |
ACCÉSIT | "OLLOS GRANDES" do IES A NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES | MEMORIA USB DE 8 GB. | Sr. Secretario do IES Muralla Romana D. José Carlos Salvador Pérez |
ACCÉSIT | "A PIRIN CREW" do IES MURALLA ROMANA | MEMORIA USB DE 8 GB. | Sr. Xefe do Departamento da Familia de Administración e Xestión D. Salustiano Velo Sabín |
ACCÉSIT | "PORTANONA" do IES XOAN MONTES | MEMORIA USB DE 8 GB. | Sra. Titora do Ciclo Superior de Secretariado (curso organizador) Dª Aida Rabanal Fernández |