RENUNCIA Á FCT.
O alumnado poderá solicitar a renuncia ao módulo de FCT e, polo tanto, á súa avaliación, co fin de non esgotar as dúas posibilidades de matrícula previstas para o réxime ordinario, acreditando algunha das seguintes circunstancias:
a) Doenza prolongada de carácter físico ou psíquico.
b) Incorporación laboral acreditada mediante contrato de traballo.
c) Obrigas de tipo familiar xustificadas que impidan a normal dedicación aos estudos.
d) Outras de carácter análogo que a dirección do centro estime oportuno, por proposta do equipo docente.
As solicitudes deberán presentarse perante o director ou a directora do centro nun prazo de, cando menos, dous meses antes da avaliación final do módulo da FCT. No caso de centros públicos, a dirección resolverá no prazo máximo de dez días. No caso de centros privados, resolverá o director ou a directora do centro público ao que estean adscritos no mesmo prazo, a partir da data da recepción da solicitude no centro público.
O alumnado procedente de renuncia unicamente deberá solicitar a reincorporación no prazo indicado no artigo 6º, punto 5. ("A matrícula para realizar a FCT en período extraordinario realizarase no mes inmediatamente anterior do comezo do dito período"). Non se terán en conta as xornadas realizadas antes de solicitar a renuncia, é dicir, cumprirá iniciar o módulo de FCT de novo.
Solicitude de renuncia á matrícula no módulo de FCT