Skip to Content

Programa de Bolsas para titulados en Formación Profesional

FEUGAPrograma de Bolsas para titulados en Formación Profesional

A Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxeron en marcha un programa de bolsas de formación profesional; tanto para titulados de ciclos superiores como de ciclos medios.

Con este acordo, recén titulados en FP poderían incorporarse a unha empresa entre dous e doce meses, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e desempeño preparando a súa futura incorporación ao mundo laboral.

As condicións, en xeral, máis importantes para que os titulados deste nivel educativo poidan concorrer a estas bolsas son:

I.   Titulados FP do sistema público educativo de Galicia.

II.  Menores de 30 anos.

III. Menos de 3 anos dende a obtención do título.

IV.  Non haber traballado profesionalmente.

V.   Inscritos no servizo público de emprego de Galicia.

 

Descripción e bases da convocatoria 2014 Enlace externo

Para ampliar información:  www.feuga.es Enlace externo

 



page | by Dr. Radut