Eventos
O alumnado de 4º e 1º de BAC acudirá á charla de Tito Margaride.
Saída: 11.15
Regreso: 14.10 (aproximadamente)
Evento presencial no que estarán presentes empresas do sector TIC con stands para dar a coñecer as diferentes oportunidades laborais do sector TIC.
DESTINATARIOS: alumnado dos segundos cursos dos ciclos superiores de informática
LUGAR: Santiago de Compostela
SAÍDA: 14:30
REGRESO: 21:00 (aproximadamente)
Charla a cargo de Enrique Alcorta, responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo, que explicará ás alumnas do CS Asesoríaen Imaxe Persoal e Corporativa as características da vestimenta no Imperio Romano.
Horario: 13.20- 15:00
A Cabaza Falangueira andará a procura dos autores dos mellores contos e cabazas sobre as 10:30 da mañá.
Quen queira descubrir quen son os gañadores, poderá coñecelos no tempo de lecer na biblioteca.
Contaremos coa presenza de Begoña Martín Acero, autora de Termodonte e outros contos, Mar de cores e manuais como Técnicas de expresión escrita (coautora) e Taller de escritura creativa.
Achégase ata o centro para compartir a súa maxia co alumnado e animalos a seguir sendo creadores/as das historias que levan dentro.
Destinatarios: alumnado 1º e 3º ESO
Obradoiro de contacontos con Paula Carballeira
Lugar: salón de actos.
Horario: 12:30
Asiste: alumnado 2º ESO e gañadores do concurso de contos de Samaín