Skip to Content

Eventos

Venres Maio 20, 2022
Start: 20/05/2022 08:30
End: 20/05/2022 19:45

O alumnado de 1ºBAC e 4ºESO, que cursan economía, realizará unha visita ao Parlamento de Galicia.  Aproveitarán esta saída para visitar a fervenza do Toxa e o mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro. 

Saída do centro: 08:30h

Regreso ao centro: 19:30h

Organiza departamento de economía

Luns Maio 23, 2022
Start: 23/05/2022 10:25
End: 23/05/2022 12:30

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO B 

Horario: 10:25h- 11:15h   E   11:40H- 12:30H

 

 

Venres Maio 27, 2022
Start: 27/05/2022 11:40
End: 27/05/2022 14:10

O alumnado de 1ºINFOFI visitará COGAMI LUGO (federación de asociacións de persoas con discapacidade) para achegarse a outras realidades.

Saída do centro: 11:40h

Regreso: 14:20h

Luns Maio 30, 2022
Start: 30/05/2022 10:25
End: 30/05/2022 12:30

Obradoiro de prevención do abuso das novas tecnoloxías - desconecta e outras adiccións, impartido por Franciso Eiras. 

Destinatarios/as:

Alumnado de 1º ESO A

Horario: 10:25h- 11:15h   E 1:40H-12:30H

Martes Maio 31, 2022
Start: 31/05/2022 09:35
End: 31/05/2022 13:30

No salón de actos, e seguindo o horario que se achega, o alumnado de ESO coñecerá máis de preto  á figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado co Día das Letras Galegas. 

HORARIO: 

09:35h - 4ºESO
10:25H- 11:15H: 3ºESO
11:40h-12:30: 1ºESO
12:30-13:30H: 2ºESO

Xoves Xuño 02, 2022
Start: 02/06/2022 07:00
End: 02/06/2022 20:00

Desexámoslle moita sorte a Aroha, alumna de Peiteado e Estética, na súa partipación no I Campionato Galego de Formación Profesional Básica e Programas Formativos que se celebrará o día 2 de xuño no IES Montecelo (Pontevedra). Sabemos que gozará da experiencia demostrando as súas destrezas á hora de realizar as probas. 

Saída do centro ás 07:00h e regreso estimado ás 20:00h

 

 

Martes Xuño 07, 2022
Start: 07/06/2022 08:45
End: 07/06/2022 14:10

O alumnado matriculado en latín e grego realizará un percorrido polo patrimonio romano de Lugo e contorna. 

SAÍDA DO CENTRO: 08:45h

REGRESO AO CENTRO: 14:10H

Organiza departamento de latín e grego. 

Luns Xuño 13, 2022
Start: 13/06/2022 08:45
End: 13/06/2022 19:00

O alumnado do club de lectura, "Lecturas e andanzas I, II" visitará Córgomo para coñecer de preto a vila de Florencio Delgado Gurriarán.  Aproveitarán a saída para coñecer  outros lugares de interese. 

Saída: 08:45H 

Regreso: 19:00h (aproximadamente)

Martes Xuño 14, 2022
Start: 14/06/2022 09:45
End: 14/06/2022 19:00

O martes 14 terá lugar o I Encontro de novas voces, que contará coa presenza de alumnado que  participou na nova edición de EnRedando Co Galego 2022. Para ler as composicións que achegou todo o alumnado participante, premer no enlace

O taller será impartido por Xesús Fraga e Yolanda Castaño

HORARIO de saída do centro e regreso ao IES: 

SESIÓN DE MAÑÁ:  09:45H - 14:00H 

SESIÓN DE TARDE: 15:45H - 19:00H 

LUGAR: Patio do Vello Cárcere de Lugo. 

O alumnado irá acompañado por unha docente tanto á ida como á volta. 

Mércores Xuño 15, 2022
Start: 15/06/2022 10:45
End: 15/06/2022 14:00

O mércores 15 de xuño asistirán á entrega de premios de "Xornalismo na escola" de La Voz de Galicia, a docente e dúas alumnas en representación dos/das compañeiros/as. 

LUGAR: ARTEIXO

HORARIO: 

10:45h - 14:00h

Xoves Xuño 16, 2022
Start: 16/06/2022 11:35
End: 16/06/2022 14:00

O alumnado que participou en  EnRedando co Galego 2022 está convidado á entrega de premios, sorteo e concerto-fin de festa. 

LUGAR: Auditorio Gustavo Freire

HORARIO: 11:45H -14:00H

 

Distribuir contido


by Dr. Radut