Eventos
CHARLA / COLOQUIO POR VIDEOCONFERENCIA CON LANCY DODEM E MARÍA DÍAZ (membros da Fundación Vicente Ferrer)
TEMA: darán a coñecer a situación na India e o traballo da Fundación nas diferentes áreas (educación, muller, persoas con discapacidade, ecoloxía, saúde).
DÍA: MÉRCORES 12 DE MAIO
HORARIO: 13:20H-14:10H
CURSOS: 3ºESOA, 3ºESOB E 3ºPMAR
LUGAR: salón de actos.
Para contextualizar esta charla, uns días antes teremos unha exposición no vestíbulo do centro sobre os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE nos que veremos a contribución da Fundación para axudar a conseguir estes.
Taller de demostración sobre técnicas asociadas ao módulo de maquillaxe (tinte ou permantente de pestanas).
IMPARTIDO POR: Susana Vizcaíno, técnica da casa comercial PRODUBE.
DIRIXIDO A: alumnado de 1ºESBE
DÍA: mércores 12 de maio
HORARIO: 16:15H - 18:30h
LUGAR: talleres de Imaxe Persoal
Charla: Motivación e saídas laborais e perruquería.
RELATOR: Borja Pérez, representante da casa Loreal.
DESTINATARIOS/AS: alumnado de 1º e 2º PECOCA, 1º e 2ºPEIEST.
DÍA: 27 de maio
LUGAR: salón de actos
O relator falará sobre a motiviación e saídas laborais nesta profesión, da participación e colaboración da casa Loreal na formación de alumnado de expedientes notables para futuros talentos profesionais e da situación actual e retos da perruquería na actualidade.
O alumnado que participou na actividade EnRedando co Galego asistirá no Auditorio Gustavo Freire ao festival de clausura no que se darán a coñecer os/as gañadores/as e gozarán cun recital musical e coa entrega de agasallos.
XOVES DÍA 10 DE XUÑO HORARIO: 11.30H - 14.00H
Velaquí as gañadoras do IES Muralla Romana de EnRedando co Galego, durante o acto de clausura, recollendo os premios. PARABÉNS!!!
Para ler as súas creacións só tedes que premer neste enlace da páxina da Asociación de Escritores e escritoras en lingua galega.
PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTA NOTICIA, PREMER AQUÍ.