Skip to Content

Eventos

« Venres Maio 11, 2018 »
Ven
Start: 11/05/2018 08:50
End: 11/05/2018 14:20
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita a INDITEX.
 Día:        11 de maio
Hora:      08:50-14:20
Para:       1º ADMFIN A
Lugar:      A Coruña
Organiza: Dpto. Administración

Os alumnos e as alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitarán as instalacións que a firma textil Inditex ten na cidade coruñesa de Arteixo.

INDITEX S.A. (Industrias de Deseño Textil Sociedade Anónima) é un grupo español de fabricación e distribución textil, con máis de 5.000 tendas distribuídas en 82 países. Formado por marcas tan coñecidas coma Zara (a marca principal) , Pull and Bear, Massimo Dutti, Kiddy's Class, Bershka, Stradivarius, Zara Home, Oysho y Uterqüe.

Nesta visita o alumnado terá a oportunidade de observar todo o proceso loxístico, desde o deseño e o patronaxe das prendas, á  colocación das mesmas en tendas simuladas e dos seus escaparates, a recepción e distribución dos pedidos polas tendas de todo o mundo...

Artículo relacionado "El interior de Zara: un viaje a la sede central de Inditex en Arteixo"

Start: 11/05/2018 10:00
End: 11/05/2018 17:30

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR:

Visita á sede central de Pull and Bear en Narón

 Sede de Pull&BearDía:        11 de maio
Hora:      10:00-17:30
Para:       1º ADMFIN B e 1ºASIDIR
Lugar:     Narón (A Coruña)
Organiza: Dpto. Administración

Alumnado de C.S. Asistencia á dirección  e do C.S. Administración e finanzas visitará a sede central da empresa téxtil Pull and Bear, pertencente ao Grupo Inditex, situada no Polígono Industrial de Narón (A Coruña).

Son unhas instalacións de máis de 29.000 metros cadros desde as que se atende ás máis de 950 tendas en 71 mercados.

Distribuir contido


by Dr. Radut