Eventos
NON LECTIVO, non hai clases no centro.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla Antía Yáñez | ||
Día: 3 de maio |
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión.
Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016).
Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín | |
Día: 7 de maio |
Lembra levar roupa cómoda, tenis e a comida.
Alumnado de Relixión do primeiro ciclo da ESO farán unha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parque Multiaventuras de Marín.
Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer e apreciar a arte relixiosa;
- Fomentar a actividade física e as relacións con alumnos e alumnas doutros centros da provincia.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
- Saída do instituto
- Visita á Catedral de Santiago
- Saída para Marín
- Comida (a deben levar da casa)
- Disfrute do Parque Multiaventuras de Marín
- Saída para Lugo
- Chegada a Lugo (sendo que a viaxe rematará fóra do horario escolar, cómpre que os pais e/ou as nais tomen as medidas que consideren oportunas de cara a recoller aos seus fillos).
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2018- LUGO | ||
Día: 9 de maio Hora: 9:40-13:30 aprox. Para: 1º ESO e 2º ESO Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística |
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo
ITINERARIO:
Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.
A seguinte foto amosa a pancarta realizada polos alumnos do centro e agún dos alumnos participantes:
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Fundación Otero Pedrayo e Roteiro literario por Ourense | |
Día: 10 de maio |
ITINERARIO:
- 10:30: visitarán a Fundación Cultural Otero Pedrayo, en Trasalba.
- Desprazamento a Ourense. A comida é libre (levar da casa ou comer en Ourense).
- 16:30: realizarán un Roteiro literario pola cidade de Ourense. (Preme na imaxe para obter máis información).
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita a INDITEX. | ||
Día: 11 de maio Hora: 08:50-14:20 Para: 1º ADMFIN A Lugar: A Coruña Organiza: Dpto. Administración |
Os alumnos e as alumnas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas visitarán as instalacións que a firma textil Inditex ten na cidade coruñesa de Arteixo.
INDITEX S.A. (Industrias de Deseño Textil Sociedade Anónima) é un grupo español de fabricación e distribución textil, con máis de 5.000 tendas distribuídas en 82 países. Formado por marcas tan coñecidas coma Zara (a marca principal) , Pull and Bear, Massimo Dutti, Kiddy's Class, Bershka, Stradivarius, Zara Home, Oysho y Uterqüe.
Nesta visita o alumnado terá a oportunidade de observar todo o proceso loxístico, desde o deseño e o patronaxe das prendas, á colocación das mesmas en tendas simuladas e dos seus escaparates, a recepción e distribución dos pedidos polas tendas de todo o mundo...
Artículo relacionado "El interior de Zara: un viaje a la sede central de Inditex en Arteixo"
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á sede central de Pull and Bear en Narón | ||
Día: 11 de maio Hora: 10:00-17:30 Para: 1º ADMFIN B e 1ºASIDIR Lugar: Narón (A Coruña) Organiza: Dpto. Administración |
Alumnado de C.S. Asistencia á dirección e do C.S. Administración e finanzas visitará a sede central da empresa téxtil Pull and Bear, pertencente ao Grupo Inditex, situada no Polígono Industrial de Narón (A Coruña).
Son unhas instalacións de máis de 29.000 metros cadros desde as que se atende ás máis de 950 tendas en 71 mercados.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA a GADISA | ||
Día: 14 de maio |
Alumnos/as de 1º do ciclo medio de Xestión Administrativa, realizarán unha visita ás instalacións centrais de "Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A" (GADISA), en Betanzos.
Nesta visita guiada terán unha moi boa oportunidade de coñecer o almacén e de ver como é o proceso de xestión, recepción, colocación e expedición das mercadorías; así como a súa distribución a través das distintas liñas de negocio integrados en Gadisa.
Esta actividade englóbase dentro do proceso da aprendizaxe e formación do alumnado, considerándola da grande interese, ao ser GADISA unha empresa líder no sector e un dos piares na distribución e comercialización da produción agrícola gandeira galega.
Comentar que é unha empresa co cen por cento de capital autóctono, que conta con supermercados propios, almacenistas, franquías, centros comerciais e hipermercados, centro de produción de comida rápida, e súper on line. O seu ámbito territorial de actuación abrangue Galicia e Castela León, e é membro accionista de IFA española. Con máis de 400 establecementos propios, que dan emprego a máis de 5000 traballadores. Cunha facturación superior aos 800 millóns de euros. Ademais defínese como unha empresa sostible, implicada co reciclado e o coidado do medio.
Completarán a súa viaxe cunha visita guiada pola cidade vella de A Coruña.
LETRAS GALEGAS
Con motivo das Letras Galegas, un grupo de alumnos e alumnas da ESO recitaron en “Verso a Verso”, programa da radio online Openradio, o conto versado “Can branco, can negro” do libro Eu conto, ti cantas de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano.
Para o desenvolvemento da actividade contouse coa presenza no centro de Magadán, a coordinadora do programa, quen se encargou de introducir o alumnado na recitación, podendo así inserirse a través das súas voces na obra da autora.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Obradoiros | ||
Día: 21 de maio |
A distribución horaria sera a seguinte:
- 16:20-17:10: 1º ESO A e B
- 17:10-18:00: 2º ESO A, B, PMAR
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA AS INSTALACIÓNS D'COS | ||
Días: 22 de maio |
Os alumnos realizarán unha visita o Centro Integral de Estética e Peluquería Ecolóxica (Lugo).
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla impartida polo COF da plaza de Ferrol | ||
Día: 24 de maio |
Charla impartida polo persoal do COF da Praza do Ferrol sobre educación secual, anticoncepción e protocolos a seguir para os alumnos/as.
Graduación 2º BAC
O 24 de maio terá lugar as 19:30h no Salón de Actos do IES Muralla Romana o acto de graduación dos alumnos/as de 2º de BAC. Están convidados profesores de 2º de BAC e familiares dos alumnos/as.
Posteriormente ofreceranse uns petiscos e bebidas na cafetería do centro.