Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A OPORTO | ||
Días: 7 ao 10 de abril |
Trátase dunha viaxe intercentros, en colaboración co IES Perdouro de Burela e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos.
Os alumnos e alumnas de 2º do Ciclo Básico de Peiteado e Estética e de 2º do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar acudirán a visitar Expocosmética, onde se celebrarán durante 3 días diversos obradoiros, demostracións e shows de peiteado, micropigmentación, maquillaxe, etc.
ITINERARIO:
SÁBADO 7 ABRIL
7:00 h: Saída dende o noso centro a Monforte, onde os alumnos/as se reunirán co resto dos centros. Saída cara Oporto.
13:00 h: Chegada a Expocosmétca, onde pasarán o resto do día.
DOMINGO 8 ABRIL
Asistencia durante todo o día a Expocosmética.
LUNS 9 ABRIL
9:00 h: Saída cara Lisboa para visitar a cidade.
MARTES 10 ABRIL
Regreso de Lisboa cara Lugo.
20:00 h: Chegada prevista a Monforte.
21:00 h: Chegada prevista a Lugo.
NOTA: TODAS AS COMIDAS E AS CEAS CORREN POR CONTA DOS ALUMNOS/AS
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTA ROSALÍA | |||
Día: Para: | 12 de abril |
ITINERARIO:
08:30 h - Saída do centro.
11:00 h - Visita ao Museo de Rosalía (Padrón)
12:00 h - Visita á Fundación Camilo José Cela (Padrón)
16:30 h - Visita ao Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela)
19:30 h - Hora de regreso estimada ao centro.
Os alumnos/as desprazaranse a mediodía desde Padrón a Santiago de Compostela, onde xantarán, ou ben de bocata que leven da casa ou ben no lugar que escollan en Santiago.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: A IMPROVISACIÓN: UNHA FERRAMENTA DE CREACIÓN MUSICAL | ||
Día: 12 de abril Hora: 11:50 - 14:20 Para: Alumnos música: 3º ESO+PMAR, 4º ESO A e B, 2º BAC Depto: Música Lugar: |
Nace co obxectivo de crear un espazo que aglutine a artistas procedentes de campos tan diversos como a música instrumental e electrónica, a danza ou a creación audiovisual, dinamizando o campo de acción de diferentes institucións da cidade cun único fío condutor, a arte contemporánea.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Ruta pola Conca alta do Río Mera | |
Día: 13 de abril |
Realizarán unha saída didáctica pola Conca do Río Mera. Sairán a 1ª hora e ten dous puntos de referencia que son o Castro de Penarrubia, na aldea do mesmo nome e que está moi preto de Lugo, e Sta Eulalia de Bóveda.
A hora de regreso ao Instituto será entre as 16:30 e as 17:00 horas.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Exposición POBO XITANO | |
Día: 16-19 de abril |
A semana do 16-19 de abril desenvolverase no noso centro unha exposición guiada para os grupos sobre o pobo e a cultura xitana organizada pola Fundación Secretariado Xitano.
Á inauguración será o luns 16 de abril ás 17.00, no corredor da Sala de Profesores.
Os alumnos de 1º, 2º e 3º ESO e o alumnado dos dous grupos de 1º de FP Básica (tanto Informática como Peiteado) van pasar pola exposición ao longo do martes, mércores e xoves nos horarios que adxunto no arquivo.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: ACTIVIDADE FORMATIVA ABANCA SOBRE OS MEDIO DE PAGAMENTO | ||
Días: 18 de abril |
O noso centro foi seleccionado para participar no programa "Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional", enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira ABANCA Corporación Bancaria S.A. para o desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende 2017/2018.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Exposición POBO XITANO | |
Día: 16-19 de abril |
A semana do 16-19 de abril desenvolverase no noso centro unha exposición guiada para os grupos sobre o pobo e a cultura xitana organizada pola Fundación Secretariado Xitano.
Á inauguración será o luns 16 de abril ás 17.00, no corredor da Sala de Profesores.
Os alumnos de 1º, 2º e 3º ESO e o alumnado dos dous grupos de 1º de FP Básica (tanto Informática como Peiteado) van pasar pola exposición ao longo do martes, mércores e xoves nos horarios que adxunto no arquivo.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: VISITA A MADRID | ||
Días: 20 e 21 de abril |
Esta actividade realízase conxuntamente con outros institutos da cidade e da provincia. O obxectivo é coñecer e apreciar a arte relixiosa, fomentando as relacións con alumnado doutros centros.
ITINERARIO:
Venres, 20 de abril
08:45 h - Saída de diante do instituto cara Madrid.
Visita guiada á Catedral da Almudena e ao Madrid dos Austrias. Visita á sede central de "Mensajeros de la Paz".
Despois, farán unha pequena visita pola cidade e gozarán de tempo libre pola tarde, antes de transladarse ao hotel.
Comida e cea por cnta dos alumnos/as.
Sábado, 21 de abril
Almorzo no hotel. Traslado ao Parque Warner. Xantar incluído no Parque.
Día de regreso a Lugo. Hora estimada de chegada 23:30 h.
Axencia: Halcón Viajes - Monforte de Lemos

NON LECTIVO, non hai clases no centro.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla Antía Yáñez | ||
Día: 3 de maio |
Antía Yáñez (Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión.
Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016).
Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Viaxe lúdico-cultural a Santiago e a Marín | |
Día: 7 de maio |
Lembra levar roupa cómoda, tenis e a comida.
Alumnado de Relixión do primeiro ciclo da ESO farán unha visita á Catedral de Santiago de Compostela e ao Parque Multiaventuras de Marín.
Os obxectivos desta actividade son:
- Coñecer e apreciar a arte relixiosa;
- Fomentar a actividade física e as relacións con alumnos e alumnas doutros centros da provincia.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
- Saída do instituto
- Visita á Catedral de Santiago
- Saída para Marín
- Comida (a deben levar da casa)
- Disfrute do Parque Multiaventuras de Marín
- Saída para Lugo
- Chegada a Lugo (sendo que a viaxe rematará fóra do horario escolar, cómpre que os pais e/ou as nais tomen as medidas que consideren oportunas de cara a recoller aos seus fillos).
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: CORRELINGUA 2018- LUGO | ||
Día: 9 de maio Hora: 9:40-13:30 aprox. Para: 1º ESO e 2º ESO Lugar: Cidade de Lugo Organiza: Dinamización Lingüística |
CORRELINGUA é unha carreira en prol da nosa lingua, o galego. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende a participación da mocidade neste acto reivindicativo, do dereito a medrar no noso idioma.
Programa da actividade en Lugo
ITINERARIO:
Saída da Praza de Santa María – Chegada á Porta de Bispo Aguirre – Segue pola Ronda deica a entrada na Muralla pola porta do Campo Castelo – Paso pola Praza Maior – Crúzase de novo á Praza de Sta.María para subir á Muralla pola rampa da Porta de Santiago – Volta á Muralla – Chegada á Praza de Sta. María.
A seguinte foto amosa a pancarta realizada polos alumnos do centro e agún dos alumnos participantes:
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Fundación Otero Pedrayo e Roteiro literario por Ourense | |
Día: 10 de maio |
ITINERARIO:
- 10:30: visitarán a Fundación Cultural Otero Pedrayo, en Trasalba.
- Desprazamento a Ourense. A comida é libre (levar da casa ou comer en Ourense).
- 16:30: realizarán un Roteiro literario pola cidade de Ourense. (Preme na imaxe para obter máis información).