Eventos
Mar | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 07/04/2018 07:00
End: 10/04/2018 21:00
Trátase dunha viaxe intercentros, en colaboración co IES Perdouro de Burela e o IES A Pinguela de Monforte de Lemos. Os alumnos e alumnas de 2º do Ciclo Básico de Peiteado e Estética e de 2º do Ciclo Medio de Peiteado e Cosmética Capilar acudirán a visitar Expocosmética, onde se celebrarán durante 3 días diversos obradoiros, demostracións e shows de peiteado, micropigmentación, maquillaxe, etc. ITINERARIO: SÁBADO 7 ABRIL 7:00 h: Saída dende o noso centro a Monforte, onde os alumnos/as se reunirán co resto dos centros. Saída cara Oporto. DOMINGO 8 ABRIL Asistencia durante todo o día a Expocosmética. LUNS 9 ABRIL 9:00 h: Saída cara Lisboa para visitar a cidade. MARTES 10 ABRIL Regreso de Lisboa cara Lugo. NOTA: TODAS AS COMIDAS E AS CEAS CORREN POR CONTA DOS ALUMNOS/AS Aviso importante: É imprescindible levar o DNI en vigor e a Tarxeta Sanitaria Europea. |