Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: ENCONTROS NO CAMPUS DE SANTIAGO | ||
Día: 07 de febreiro |
Ás 08:40 h sairase en autobús desde o centro
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
SAÍDA DA RESIDENCIA BURGO DAS NACIÓNS ÁS 10:30 (CAMPUS NORTE)
PERCORRIDOS |
1: Filoloxía e Ciencias da Comunicación |
2: Ciencias Económicas e Empresariais |
3: Ciencias da Educación (Mestres) e Traballo Social |
4: Medicina-Odontoloxía e Enfermería * de 11a 12 Medicina-Odontoloxía de 12-13 Enfermería |
5: Xeografía e Historia e Filosofía |
SAÍDA DA RESIDENCIA MONTE DA CONDESA ÁS 10:30 (CAMPUS VIDA)
PERCORRIDOS |
6: Dereito, Relacións Laborais e Ciencias Políticas e Sociais |
7: Química e Enxeñaría Química |
8: Bioloxía e Farmacia |
9: Enxeñaría Informática e Matemáticas |
10: Física e Matemáticas |
11: Enxeñaría Informática e Física |
12: Química e Física |
13: Óptica e Optometría |
14: Psicoloxía e Ciencias da Educación |
O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos. O profesorado acompañante do instituto só irá con eles ata o punto de encontro, para deixalos ao inicio e recollelos ao finalizar o percorrido (tempo estimado do mesmo 2 horas e media).
A hora de retorno está condicionada á finalización dos distintos percorridos, aconséllase levar un bocadillo e un refresco/auga para tomar antes de regresar a Lugo. Hora estimada de chegada ao instituto, ás 15:00 h aproximadamente.
O alumnado de francés de 3º-4º ESO e de 1º Bacharelato asistirá á adaptación da obra CYRANO DE BERGERAC (FRANÇAIS), de Edmond Rostand.
Un dos clásicos da literatura universal, agora adaptado ao nivel de francés dos estudantes. Nesta obra deixaranse seducir por este poderoso personaxe, fascinante e apaixonante. Unha oportunidade única para compartir momentos inesquecibles no teatro de grupo.
Máis información:
Web de recursosweb.com FAI TEATRING! |
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla "CONTAINERIZACIÓN e DOCKER" | ||
Día: 03 de marzo |
Ponente: Francisco Maseda, fundador e responsable de produto de PREFAPP; conta con máis de 8 anos de experiencia deseñando e programando sistemas, cunha gran traxectoria desarrollando aplicacións para a xestión e automatización de sistemas Linux.
Nesta charla iniciará aos asistentes na novidosa tecnoloxía de containerización, que está a revolucionar a forma de virtualizar sistemas e servizos en comparación aos sistemas tradicionais como virtualbox, vmware, etc.
Explicará as ideas e o software base que fan posible este tipo de virtualización a nivel de sistema operativo. E, falará das ferramentas do software máis popular neste campo, Docker (proxecto de código aberto que automatiza o despregamento de aplicacións dentro dos contenedores de software).
Máis información:
Web de PREFAPP.ES Con PREFAPP Docker ao teu alcance |
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla divulgativa PODOLOXÍA PREVENTIVA | ||
Data: 03 de marzo Hora: 12:00-13:00 Lugar: Salón de actos Para: Ciclos de Imaxe Persoal |
- Os pés, un elemento clave no control da saúde
Que son os pés? Características dos pés. Alteracións ou deformidades dos pés. A importancia dos pés. Elementos para coidar os pés. - A podoloxía: a prevención como estratexia clave
Podoloxía preventiva e saúde. Que é un podólogo ou unha podóloga. Competencias dos podólogos. - Quero ser podólogo/a
Onde se pode estudar podoloxía e as saídas profesionais.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Charla - Máster Paulo Fabio en Dirección de RRHH | ||
Data: 06 de marzo Hora: 11:50-12:40 Lugar: No instituto Para: 2ºADMFIN e 2ºASIDIR |