Eventos
Actos do 25 de novembro de 2016: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Colaboran na organización: Alumnado do C.S. de Asistencia á dirección, do módulo Organización de eventos empresariais
- Charla : “Diferenzas comunicativas e malentendidos entre mulleres e homes”
Relator: Xoán Paulo Rodríguez Yáñez (experto sociolingüista, profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo)
Data e hora: o venres 25 de novembro ás 10h no salón de actos do instituto
Destinatarios: Bacharelato, CS Administración e Finanzas e CS Asistencia á dirección
Do que vai tratar:
a) as diferenzas que existen entre homes e mulleres nos seus estilos comunicativos;
b) as diferenzas tanto xestuais como proxémicas, e tanto paralingüísticas como léxicas, pragmáticas e conversacionais (sen empregar moitos tecnicismos);
c) incidirá naquelas diferenzas comunicativas que con maior frecuencia provocan malentendidos (que son á súa vez causa de conflitos de parella ou de colegas, conflitos ás veces moi graves);
d) constantemente irá poñendo exemplos concretos extraídos da vida cotiá, moi recoñecibles por todos aqueles que teñan algo de experiencia de parella ou de trato con amigos/-as do outro sexo;
e) estes exemplos levarán a cada quen a reflexionar sobre o seu propio caso, e a que os asistentes fagan preguntas e a expandir a charla sobre isto ou aqueloutro aspecto.
- Exposición-Mural de traballos de alumnado da ESO Colaboran distintos departamentos didácticos
- Participación na Campaña do Concello de Lugo: 25N, en negro contra a violencia
12:30h: 3ºESO-B, 1ºBach e ASIDIR acudirán á Muralla para a solta de globos e ao acto de vestir de negro a Muralla.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita á Deputación de Lugo | ||
Día: 02 de decembro Hora: 12:15 ás 14:20 Lugar: Deputación de Lugo Organiza: Dpto. Administración |
Os/as alumnos/as, de 2º curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección, que cursan o módulo Protocolo empresarial, realizarán unha visita polas instalacións do edificio da Deputación e coñecerán de primeira man o funcionamento do Servizo de Protocolo desta institución.
"O Servizo de Protocolo, adscrito á Presidencia e con ámbito xeral para toda a Deputación, centra a súa actuación na preparación, organización e execución de todos os actos e actividades desenvolvidas por todos os órganos de goberno, áreas delegadas e organismos dependentes do conxunto da institución.
Este departamento, encargado de realizar o seguemento do Reglamento de Honras e Distincións e da imaxe corporativa, ocúpase tamén da elaboración de ficheiros de distincións institucionais e da selección de agasallos promocionais.
Así mesmo, este Servizo xestiona a tramitación de expedientes administrativos, catalogación e arquivo de material relativo ao ámbito de protocolo e imparte cursos e participa en encontros académicos a través dun plan deformación en colaboración con institucións de ámbitos nacional, rexional ou local.
Adscrito a este Servizo está o Negociado do Boletín Oficial da Provincia."
Fonte da información: Web da Deputación