Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
22
| 23
| 24
Start: 24/02/2016 08:50
Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX. As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente. O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes: Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade. | 25
Start: 25/02/2016 11:20
End: 25/02/2016 13:30
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia. Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes. Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado). As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral. | 26
| 27
| 28
|