Eventos
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao MHN Luis Iglesias | ||
Día: 24 de febreiro |
Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX.
As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.
O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes:
1- Recorrido polas salas expositivas con explicacións
2- Actividade didáctica, adaptada ao grupo, na que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.
Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS | ||
Día: 25 de febreiro
|
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC | ||
Día: 17 de marzo | ||
Haberá unha charla para NAIS e PAIS, o 11 de abril ás 20:00 h. |
Próximo ao ingreso na Universidade, é posible que teñades dúbidas acerca do que ides a estudar, os graos, onde e con que axudas podedes contar. Para dar respostas ás cuestións que vos poidan xurdir, a USC creou o programa “A Ponte”, que darase a coñecer nesta charla.
Considérase que esta charla é de interese para as familias dos estudantes, pois fálase fundamentalmente de cuestións prácticas relacionadas coas PAU e a Universidade.
Na páxina web http://www.usc.es/aponte podedes atopar máis información de interese:
- Titulacións (Licenciaturas e Diplomaturas, Graos)
- Libro de Titulacións e Guía das saídas profesionais
- Plans de Estudo (Materias a cursar en cada titulación)
- Residencias Universitarias e Colexios Maiores
- Comedores Universitarios
- Bolsas
- Bibliotecas
- Cursos de Formación (Informática, idiomas...)
- Actividades Culturais
- Prácticas en Empresas
- Instalacións Deportivas
- Prestacións da TUI (Tarxeta de identificación universitaria)
- Voluntariado
- Programa de Integración de Persoas con necesidades Especiais
- Acceso á USC