Eventos
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: PROGRAMA ATRÉVETE | ||
Día: 12 de febreiro |
Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE:
Que farán?
09:40 h Saída desde o instituto
10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo.
10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora.
11:00 h Visita á empresa Cafés Candelas
Ao remate da visita, regreso ao instituto.
Lugares de celebración
Fundación CEL – Iniciativas por Lugo
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, El Palomar S/N - Lugo
Cafés Candelas S.L., Rúa dos Transportes, 7, 27003 Lugo
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - É xusto o noso sistema fiscal? | ||
Día: 12 de febreiro |
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio López Díaz (Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Profesor na Facultade de Dereito da USC).
Resumo: Pretende facer unha breve presentación sobre a estrutura do noso sistema fiscal, para logo analizar, comparándonos con países da nosa contorna, tanto a presión fiscal, como o reparto da carga fiscal en función da renda e a relación que existe entre tributación e redistribución da renda e igualdade.
Dirixida a alumnado do Departamento de Administración e Xestión.
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: MENTALÍZATE | ||
Día: 15 de febreiro Día: 19 de febreiro Lugar: Salón de Actos Organiza: Dpto. Orientación |
MENTALÍZATE é unha campaña de información e sensibilización dirixida aos adolescentes, para a promoción da saúde mental. Organizada por FEAFES Galicia, promove hábitos e estilos de vida saudables, como prevención da enfermidade mental; centrado no risco que supón o consumo de alcohol e cannabis.
A campaña MENTALÍZATE busca dar a coñecer información das enfermidades mentais, traballando posibles estigmas asociados ás mesmas.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Visita ao MHN Luis Iglesias | ||
Día: 24 de febreiro |
Actividade programada polo departamento de Ciencias Naturais para o alumnado de BeX.
As instalacións do Museo de Historial Natural no parque de Vista Alegre dispoñen dun conxunto patrimonial que se remonta ao século XIX con pezas singulares de gran valor para o estudo e a divulgación da biodiversidade e o medio ambiente.
O alumnado realizará unha visita guiada que consta de dúas partes:
1- Recorrido polas salas expositivas con explicacións
2- Actividade didáctica, adaptada ao grupo, na que os participantes actúan como “científicos” realizando un traballo de investigación sobre un tema relacionado coa exposición.
Ademáis aproveitarán a viaxe a Santiago de Compostela para realizar unha ruta turística polo casco histórico da cidade.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS | ||
Día: 25 de febreiro
|
Hai 4 rutas: a da pantasma, a da serpe, a do paxaro e a do trasno. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro "Contos do Museo", con textos de Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Paco Martín e Xosé Miranda. Ditos relatos son: Visita Nocturna, A serpe de pedra, Un paxaro posible e Un trasno do museo no Tour de Francia.
Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.
Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, ...) e didácticos (caderno do alumnado).
As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan o alumno nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.