Eventos
Ven | ||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 12/02/2016 09:40
Xornada de fomento do emprendemento para Educación Secundaria Obrigatoria. Dirixida a alumnado de 2º curso de ESO. Organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Confederación de empresarios de Lugo. PROGRAMA DA ACTIVIDADE: Que farán? 09:40 h Saída desde o instituto 10:00 h Benvida dos representantes da Confederación de empresarios de Lugo. 10:30 h Reunión cun emprendedor ou emprendedora. 11:00 h Visita á empresa Cafés Candelas Ao remate da visita, regreso ao instituto. Lugares de celebración Fundación CEL – Iniciativas por Lugo Cafés Candelas S.L., Rúa dos Transportes, 7, 27003 Lugo Start: 12/02/2016 10:30
Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio López Díaz (Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Profesor na Facultade de Dereito da USC). Resumo: Pretende facer unha breve presentación sobre a estrutura do noso sistema fiscal, para logo analizar, comparándonos con países da nosa contorna, tanto a presión fiscal, como o reparto da carga fiscal en función da renda e a relación que existe entre tributación e redistribución da renda e igualdade. Dirixida a alumnado do Departamento de Administración e Xestión. |