Eventos
Mér | ||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Start: 21/10/2015 08:50
O profesor que vai impartir os obradoiros é Kike Martins . Esta actividade realízase grazas a un convenio de colaboración da Deputación de Lugo coa Asociación Galega da Lingua (AGAL), para levar os Ops! a centros de ensino lugueses.
O ateliê Ops! é unha idea orixinal de Carlos Figueiras, adaptada e desenvolvida por Valentim R. Fagim. Nace para pór en valor a lingua de Galicia, facendo ver a súa potencialidade e ter en conta os prexuízos que a subvaloran. Nace porque o portugués é a sexta lingua máis falada no mundo, oficial en 4 continentes e 8 países, sendo un deles o Brasil, unha potencia emerxente. Nace porque o plurilingüismo vai ter cada vez máis valor, promovido pola globalización e as institucións políticas (a comezar pola Unión Europea). Finalmente, nace porque é en épocas de crise cando é máis preciso afinar onde imos investir os nosos recursos e depositar a nosa atención. |