Skip to Content

Eventos

« Week of Xaneiro 26, 2015 »
LunMarMérXovVenSábDom
26
27
28
Start: 28/01/2015 10:00
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: RUTAS LITERARIAS
 Contos de Medo no Museo

 

Día:          28 de xaneiro   
Organiza:  Dpto. de Lingua Galega e Dinamización Lingüística
Hora:       10:00 h.
Lugar:       Museo de Lugo
Para:        4º ESO e 4º PDC


 

Actividade didáctica incluída no programa ofertado polo Museo Provincial de Lugo.

Hai catro rutas: a do botón, a do gato, a do anel e a do pozo. Cada unha das rutas está baseada nun relato do libro Contos de medo no museo, que os estudantes deberán levar xa lido. Ditos relatos son: O botón encarnado, Sangue de gato negro, O anel dos destinos cruzados e O pozo dos desexos.

Xa no museo o alumnado deberá completar unha folla de ruta. Logo comprobaranse os resultados de cada unha das catro expedicións e repartiranse os agasallos correspondentes.

Recursos a empregar: materiais (libro, follas de ruta, bolígrafos, marcadores, exlibris e bloc) e didácticos (caderno do alumnado).

As rutas literarias cumpren unha función importante ao facilitarlles ao alumnado a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar, xa que sitúan aos estudantes nun medio diferente ao seu, que lle vai propiciar unha maior convivencia e cooperación co/a profesor/a e outros compañeiros/as, ampliando os seus coñecementos e a súa comprensión integral.

Deixan descargar o libro, desde a web do museo Información do libro na rede

Blog do Departamento de Didáctica da Rede Museística de Lugo Información do libro na rede

29
Start: 29/01/2015 11:50
End: 29/01/2015 12:40
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: CHARLA - Bosques galegos e árbores senlleiras
 

Día:        29 de xaneiro
Horas:    11:50 ás 12:40
Para:      1º e 2º BAC
Lugar:    Salón de Actos

Esta charla temática, que forma parte do programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC", correrá a cargo de D. Antonio Rigueiro Rodríguez (Catedrático de Universidade, membro do Departamento de Produción Vexetal, profesor na Escola Politécnica da USC - Campus Lugo e tamén director da Estación Científica do Courel).

Na charla describirá, apoiándose en fotografías, os principais bosques naturais (carballeiras, bidueirais, faiais, abraedos, cerqueirais, aciñeirais, sobreirais, louredos, acebedas, herbedais, ameneirais...) e artificiais (soutos de castiñeiros, piñeirais, eucaliptais) de Galicia. En canto ás árbores senlleiras explicaranse os criterios de catalogación, a normativa galega ao respecto, a distribución en Galicia dos monumentos vexetais máis importantes, as especies que aportan máis árbores senlleiras...todo iso acompañado de material gráfico. Fará especial referencia aos bosques e ás árbores monumentais do entorno do noso instituto.

30
31
1
Distribuir contido


by Dr. Radut